Info rápida

Formulario de busca

Fondos

Info rápidaInfo rápida

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

15/06/2022
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dos galegos e galegas, facendo especial fincapé nos maiores. Durante a rolda prensa, Rueda precisou que o obxectivo é que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas en 2025, “queremos formar en competencias dixitais a máis de 45.700 persoas nos vindeiros tres anos”, engadiu. Para acadar estes obxectivos, explicou, impulsaranse dúas medidas: o Plan de ampliación e Reforma da Rede de Aulas CeMIT e o Marco Galego de Competencias dixitais. No tocante ás...
10/01/2022
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que a Xunta pon en marcha o Plan de Reforma e Ampliación da Rede Aulas CeMIT cun investimento de 22,7 millóns de euros ata 2025. Feijóo salientou que o obxectivo é formar en competencias dixitais a máis de 46.000 galegos nos vindeiros tres anos e lograr que o 70% dos galegos teñan competencias dixitais básicas. A través da folla de ruta presentada hoxe, investirase na transformación física e arquitectónica dos centros para que sexan máis flexibles ou na instalación de novo equipamento tecnolóxico. Ademais, adaptarase a...
09/02/2021
A Estratexia Galicia Dixital 2030 é unha estratexia deseñada polo Goberno galego para Galicia como un marco dixital común que facilite a actuación das tres administracións nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade.  Unha estratexia para Galicia, aliñada coas prioridades no novo marco europeo, que busca situar a Comunidade como unha rexión de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribúe a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes:...
03/12/2020
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación no Consello da Xunta da Estratexia Galicia Dixital 2030 que prevé mobilizar 4.000 millóns de euros para aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible co impulso de solucións intelixentes no plano social, económico e ambiental. Feijóo aseverou que “queremos planificar a vindeira década desde o punto de vista da intelixencia artificial, da ciberseguridade, da xestión masiva de datos ou a consolidación do 5G”. Deste xeito, segundo explicou Feijóo, a Estratexia márcase como obxectivos: situar a Galicia como...
19/10/2020
  A aplicación PassCOVID está xa dispoñible desde hoxe para os dispositivos con sistema operativo iOS e en proceso de publicación para os móbiles con sistema operativo Android, coa previsión de que estea accesible para a súa descarga a principios de semana. De descarga voluntaria, a aplicación pode empregala calquera persoa que que se atope en Galicia, sexa  residente ou transeúnte. Conectada directamente co Servizo Galego de Saúde PassCOVID é un instrumento de apoio á xestión da pandemia e unha canle de contacto telemática cos cidadáns.  Con esta aplicación Galicia suma unha nova ferramenta...
12/05/2020
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantivo no mes de marzo unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais, do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e do Centro Criptolóxico Nacional (CCN) para darlles conta dos pasos que está a dar a Xunta para crear o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal e convidalos a sumarse á iniciativa. Coa creación de CIBER.gal, a Xunta busca poñer en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a...
15/01/2020
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta activará nas próximas semanas dez programas que, cun total de preto de 67 millóns de euros, impulsarán a transformación dixital e o modelo da industria 4.0 no tecido empresarial galego. “Son tanto para empresas como para centros tecnolóxicos de Galicia”, afirmou, subliñando que estas convocatorias de axudas xa se empezaron a publicar e completaranse de xeito inmediato nas próximas semanas. Entre os programas que se poñen en marcha por primeira vez, Feijóo destacou o proxecto...
18/12/2019
A Xunta incorpora aos representantes das entidades locais ao proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030) co obxectivo de avanzar na colaboración entre diferentes niveis administrativos para configurar un única folla de ruta dixital cara a vindeira década.   A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo con representantes da Federación Galega de Municipios (FEGAMP), das deputacións provinciais e das principais cidades galegas para articular súa participación na elaboración da futura...

Páxinas