Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a elaboración e implantación da Axenda Dixital Local da Eurorrexión Galicia-Nor

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a elaboración e implantación da Axenda Dixital Local da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na eurocidade ValenÇa-Tui, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP)

Convenio asinado o 24 de outubro de 2014 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, co obxectivo de elaborar e implantar a Axenda Dixital Local na Eurocidade de ValenÇa-Tui.

Convenio asinado o 24 de outubro de 2014 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, co obxectivo de elaborar e implantar a Axenda Dixital Local na Eurocidade de ValenÇa-Tui.

O obxectivo xeral do proxecto ADL é Deseñar a Axenda Dixital Local da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, mediante un modelo sistemático de implantación da sociedade da información, participativo e adaptable ás peculiaridades das distintas áreas urbanas, mellorando a cooperación interadministrativa e a xestión, e favorecendo o acceso pola cidadanía desta Eurorrexión aos servizos dixitais.


Entre as accións previstas para o desenvolvemento do proxecto atópase a acción de posta en marcha dun proxecto piloto de implementación dunha Axenda Dixital Local nunha cidade da Eurorrexión, neste caso a Eurocidade Valença-Tui.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica total de 45.000,00 euros.
 

Organismo promotor: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia