Novas

Formulario de busca

Fondos

NovasNovas

Formulario de busca

cierra cierra

Galicia consegue un novo piloto 5G por importe de 9 millóns de euros na segunda convocatoria estatal de axudas para probar esta tecnoloxía

• É o segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos nas diferentes comunidades autónomas e permitirá desenvolver 14 casos de uso en Galicia
• O adxudicatario foi a UTE liderada por Orange con dúas pemes galegas, Opatere e Info, xunto coa empresa Gamera Nest
• Con esta nova adxudicación desenvolveranse na Comunidade máis de 30 casos de uso con tecnoloxía 5G cun investimento previsto de 22 millóns de euros


Galicia suma un novo piloto 5G que permitirá desenvolver 14 casos de uso con esta tecnoloxía na Comunidade. O Ministerio de Economía e Transformación Dixital publicou este mes de agosto a resolución da adxudicación da segunda convocatoria de axudas para probar esta tecnoloxía que outorga ao operador Orange unha axuda pública de 9 millóns de euros para realizar un piloto 5G que abrangue 14 casos de uso destas redes sen fíos. Trátase do segundo proxecto de maior importe dos oito concedidos en España nesta nova convocatoria

Este piloto súmase ao concedido a Telefónica na primeira convocatoria estatal, cun importe de 11 millóns de euros e aos impulsados pola Administración autonómica desde o Nodo 5G Galicia cos tres operadores, Telefónica, Vodafone e Orange cun investimento de 2 millóns de euros. En total, desenvolveranse na Comunidade máis de 30 casos de uso baseado en tecnoloxía 5G por importe de 22 millóns de euros.  

Plan Galicia 5G
Estes pilotos dan resposta ao requisito marcado por Europa de que os Estados membros realicen casos de uso, é dicir, escenarios nos que se teste e pilote esta tecnoloxía, como paso previo ao seu despregamento. Consciente desta realidade a Administración pública autonómica apostou por exercer un papel facilitador á hora de abordar o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Por iso en xullo de 2018 foi a primeira Comunidade en aprobar un Plan para impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento destas redes no territorio. 

En menos dun ano puxéronse en marcha as principais liñas do plan. A primeira, conformar un  Nodo 5 G co compromiso dos tres principais operadores (Vodafone, Telefónica e Orange) de realizar 9 casos de uso 5 G, actualmente en marcha.

Este posicionamento de Galicia no 5 G contribuíu a que fose unha das dúas Comunidades en conseguir a subvención estatal para desenvolver un piloto de Telefónica, ao que se engade agora o de Orange nesta segunda convocatoria e que suman 22 casos de uso. En total, e grazas ao impulso de ambas administracións, en Galicia desenvolveranse máis de 30 pilotos de 5 G repartidos nas sete grandes cidades en ámbitos de especial interese para a Comunidade como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.

Ademais, o Plan Galicia 5G aposta tamén pola formación e puxo en marcha o primeiro curso de Especialista Universitario en 5G, en colaboración coa Universidade de Vigo, que vai iniciar a súa segunda edición.