Submedida FEADER 7.3.3. Facilitación da universalización do acceso á banda larga de alta velocidade (30Mbps) especialmente nas zonas máis illadas. Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápidaEsta submedida encádrase dentro da Medida 7.3 Apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga. Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Sociedade Dixital Cofinanciamento: Estas axudas están cofinanciadas ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50% pola Xunta de Galicia, no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 Obxectivos previstos:
Convocatoria de axuda: Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017). Cantidades adxudicadas: Pendente de adxudicación |