Submedida FEADER 7.3.1. Incentivación do despregamento de redes de nova xeración de moi alta velocidade (100Mbps) nas zonas con alta demanda e sen cobertura nin previsión para os próximos anos. Despregamento de redes de telecomunicacións ultrarrápidas en polígonos industriaisEsta submedida encádrase dentro da Medida 7.3 Apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e a oferta de acceso á banda larga. Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Sociedade Dixital Cofinanciamento: Estas axudas están cofinanciadas ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50% pola Xunta de Galicia, no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015 Obxectivos previstos:
Convocatoria de axuda: Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A, DOG núm. 77, do 22 de abril de 2016). Cantidades adxudicadas:
|