OPERACIÓN REACT 20.1.2.4 – Posta en marcha do marco galego de competencias dixitais – 205-2023000003Xestionado por: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) Cofinanciamento: esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE. Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Obxectivo específico : OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Obxectivos previstos : A operación ten como finalidade a posta en marcha dos mecanismos básicos que permitan iniciar a execución do marco galego de competencias dixitais. Estes mecanismos son necesarios para poder abordar as primeiras convocatorias de formación e acreditación que poñen en marcha o marco galego de competencias dixitais e que supoñen o punto de partida para a súa evolución posterior, tanto en novos niveis como en contidos, ferramentas e convocatorias. |