OPERACIÓN REACT 20.1.2.3 – Reforzo das capacidades e infraestucturas en materia de ciberseguridade no territorio galego - 205-2022000002Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) Cofinanciamento: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE. Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Obxectivos previstos: O obxecto desta operación é o reforzo das capacidades e infraestruturas en materia de ciberseguridade no territorio galego, como un elemento esencial para garantir o desenvolvemento dixital da Comunidade facendo fronte ás ciberamenazas e incrementando a confianza de cidadáns e empresas no uso dos servizos dixitais, para iso levará a cabo a definición e lanzamento do catálogo de servizos de ciberseguridade a administracións, empresas e cidadáns no territorio galego, nun marco de cooperación tanto interadministrativo como co sector privado que se articulará a través do Nodo galego de ciberseguridade CIBER. gal. |