OPERACIÓN REACT 20.1.2.3 – Experimentación con tecnoloxías innovadoras para o desenvolvemento dos servizos dixitais - 205-2022000003Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) Cofinanciación: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE. Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Obxectivos previstos: Con esta actuación apoiarase o desenvolvemento de maiores capacidades ao redor das novas tendencias tecnolóxicas, para acelerar o desenvolvemento e implantación de solucións que dean resposta aos novos retos da sociedade e permitirá avanzar na na aplicación de tecnoloxías innovadoras para o desenvolvemento de servizos públicos avanzados. Este impulso farase desde dúas perspectivas de experimentación: a aplicación de iniciativas destas novas capacidades para o desenvolvemento ou mellora da eficiencia da prestación dos servizos públicos e, desde a perspectiva da aplicación desa IA en determinados ámbitos sectoriais, sobre a base dun marco ético, nos que se identifica o potencial valor que pode achegar en diversos ámbitos de desenvolvemento tecnolóxico. |