OPERACIÓN REACT 20.1.2.2 – Posta en marcha da Plataforma de Territorio Intelixente - 205-2022000009Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) Cofinanciación: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE. Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Obxectivos previstos: A xestión intelixente do territorio en base a datos xeorreferenciados e mecanismos de sensorización e captación de información en tempo real, mediante o deseño e posta en marcha da Plataforma Galicia Intelixente, que consolidará nunha base cartográfica única e información xeoespacial a información sobre o territorio, xerada a través dos sistemas de xestión da administración pública, das redes de sensorización, captación de imaxes e outras fontes de datos, como instrumento estratéxico para a definición das políticas públicas, a vixilancia territorial, o desenvolvemento das estratexias de sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento social e económico da poboación vinculada ao territorio |