OPERACIÓN REACT 20.1.2.1 – Salas de vistas con medios dixitais para a celebración de actos procesuais - 205-2022000006Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) Cofinanciación: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE. Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital. Obxectivos previstos: A situación derivada da crise sanitaria mundial pola expansión do Covid-19, provocou un cambio nos hábitos consolidando a canle telemática para as relacións coa cidadanía ou a prestación dos servizos públicos. No ámbito da administración de xustiza, a evolución da xestión dixital dos expedientes require medios na sala que permitan a xestión do expediente electrónico. A finalidade desta operación é completar a dotación de medios dixitais e videoconferencia para a celebración e gravación das vistas orais e a través de videoconferencia nas sedes xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia |