OPERACIÓN REACT 20.1.2.1 - Despregamento de wifi, servidores e electrónica de comunicacións en centros educativos, así como electrónica de comunicacións en centros da Xunta de Galicia - 205-2022000004Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE.
Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.
Obxectivo específico: OE 20.1.2 - OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital.
Obxectivos previstos: O obxectivo desta operación é o despregamento de wifi en centros educativos, así como de servidores e electrónica de comunicacións nos CPDs da Xunta de Galicia, para facilitar o uso de ferramentas de ensino virtual. Os proxectos que integran a operación son os seguintes: Despregamento de puntos de acceso wifi en centros educativos; Subministración de servidores; Subministración de electrónica de comunicacións nos CPDs da Xunta de Galicia
|