OPERACIÓN REACT 20.1.2.1 – Aumento de capacidades de equipamento de rede, almacenamento para datos e virtualización de sistemas informáticos- 205-2023000004

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cofinanciamento: Esta operación está financiada nun 100% a través do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do Eixo REACT UE.
Obxectivo temático: 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.
Obxectivo específico: OE 20.1.2 – OE REACT UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital.
Obxectivos previstos: A operación ten como finalidade pór en marcha e mellorar a capacidade de equipamento de rede así como de procesamento de datos e o seu almacenamento seguro, que a Amtega precisa para poder garantir o acceso áxil e a protección da información fronte a riscos ou desastres. Outro dos obxectos é a subministración de capacidade para a plataforma Backup da Amtega. Outro dos obxectos consiste na subministración de almacenamento, para realizar as ampliacións de capacidades e tempos de resposta apropiados á criticidade dos diferentes ámbitos de negocio aos que se presta servizo. Inclúese a contratación de novos servidores hiperconverxentes que permitirán aumentar a súa capacidade, rendemento, dispoñibilidade e redundancia para satisfacer as necesidades e demandas crecentes de das diferentes áreas de negocio