Fondos Europeos

Formulario de busca

Fondos

OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 – Memoria dixital. Fase I - 205-2014000018OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 – Memoria dixital. Fase I - 205-2014000018

Formulario de busca

cierra cierra

  OPERACIÓN FEDER 2.3.1.5 – Memoria dixital. Fase I - 205-2014000018

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Modernización das Administracións Públicas

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: 2. Mellorar o uso e a calidade do TIC e o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: 2.3.1. Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e a e-saúde.

Obxectivos previstos: A operación ten como obxectivo o proceso de transformación, mediante o uso da tecnoloxía, para avanzar na mellora das ferramentas do proceso de xestión, catalogación, dixitalización e difusión do patrimonio cultural dixital, co fin de que a cidadanía poida acceder a través de internet aos fondos catalogados nas institucións.

Contratos adxudicados

1. SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO DA PRESENZA EN INTERNET DO SISTEMA DE ARQUIVOS DE GALICIA (EXPEDIENTE AMT-2018-0073)

  • Obxecto: desenvolvemento e posta en marcha do portal do Sistema de Arquivos de Galicia (portal Arquivos de Galicia). Inclúense tamén as actividades de migración de contidos e soporte técnico especializado á posta en marcha do novo portal.
  • Importe de adxudicación: 149.969,82 € (IVE Incluído).

2. SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO DA PRESENZA EN INTERNET NO ÁMBITO DE MUSEOS (EXPEDIENTE AMT-2018-0063)

  • Obxecto: É obxecto desta contratación:
    • A definición dunha arquitectura tecnolóxica común así como criterios de deseño básicos e de elementos comúns que poidan aplicar ao conxunto dos portais dos museos dependentes da Xunta de Galicia, ou que vaian caracterizar a rede de portais.
    • O deseño, desenvolvemento e posta en marcha dos novos espazos web:
    • Novo portal do Museo de Belas Artes (A Coruña). Na actualidade http://museobelasartescoruna.xunta.gal/
    • Novo portal do Museo das Peregrinacións e de Santiago (Santiago). Na actualidade   http://museoperegrinacions.xunta.gal
    • Portal do novo Museo do Viño de Galicia.
    • O desenvolvemento evolutivo de diversos portais do ámbito dos museos:
    • Portal web de museos de Galicia (http://museos.xunta.gal/)
    • Portal web do museo do Castro de Viladonga (https://viladonga.xunta.gal/)
    • Portal web do CGAC (http://cgac.xunta.gal/)
    • Portal web do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (http://www.musarqourense.xunta.es)
    • Os novos portais incluídos neste expediente de contratación, unha vez estean dispoñibles en Internet.
    • Poderán incluírse desenvolvementos evolutivos nos portais doutros museos dependentes da Xunta de Galicia. (Os museos referenciados na portada do portal (http://museos.xunta.gal/)
    • A prestación do servizo de soporte técnico especializado para garantir a adecuada implantación e funcionamento en Internet de todos os portais incluídos nesta contratación.
  • Importe de adxudicación: 215.182,53 € (IVE Incluído).

3. 3º CONTRATO DERIVADO DO ACORDO MARCO CUN ÚNICO EMPRESARIO  DA SUBMINISTRACIÓN DE PUNTOS DE ACCESO WIFI PARA DEPENDENCIAS INTEGRADAS NA REDE CORPORATIVA DA XUNTA DE GALICIA (EXPEDIENTE AMT-2018-0053_3º CD)

  • Obxecto: A empresa adxudicataria deberá subministrar, serigrafiar, configurar e instalar 185 puntos de acceso wifi nos museos conectados á Rede Corporativa da Xunta de Galicia
  • Importe de adxudicación: 114.134,40 € (IVE Incluído).

4. SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO, EVOLUCIÓN E IMPLANTACIÓN DE NOVAS FUNCIONALIDADES NO SISTEMA DE XESTIÓN DE ARQUIVOS FÍSICOS E INTEGRACIÓN CON GALICIANA (EXPEDIENTE AMT-2017-0082)

  • Obxecto: son obxecto desta contratación os servizos de:
    • Desenvolvemento do novo sistema de xestión de arquivo físico da Xunta de Galicia e arquivos dependentes, integrado con Galiciana.
    • Desenvolvemento dun novo sistema de xestión de arquivos físicos para a súa utilización por parte dos arquivos das entidades locais ou outras administracións.
    • Desenvolvemento de novas funcionalidades do sistema de xestión de arquivos físicos e pezas de convicción da Administración de Xustiza.
    • Apoio a posta en marcha, implantación, evolución e soporte especializado dos sistemas indicados.
  • Importe de adxudicación: 312.083,20 € (IVE Incluído).

5. SERVIZO DE CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS A partir das coleccións de prensa histórica custodiadas NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS XESTIONADAS POLA XUNTA DE GALICIA PARA INCREMENTAR A COLECCIÓN DE GALICIAN (EXPEDIENTE AMT-2017-0070)

  • Obxecto: creación de recursos dixitais que se integrarán na Biblioteca Dixital de Galicia, integrada en GALICIANA. Dixitalizaranse un mínimo de 138.500 imaxes/páxinas
  • Importe de adxudicación: 103.902,14 € (IVE Incluído).

6. SERVIZO DE CREACIÓN DE RECURSOS DIXITAIS CUSTODIADOS NOS ARQUIVOS HISTÓRICOS DA XUNTA DE GALICIA PARA A INCORPORACIÓN A GALICIANA (EXPEDIENTE AMT-2017-0065)

  • Obxecto: creación de recursos dixitais que se integrarán no Arquivo Dixital de Galicia incluído no ámbito de GALICIANA. Dixitalizaranse un mínimo de 205.700 imaxes/páxinas
  • Importe de adxudicación: 102.849,90 € (IVE Incluído).

7. SERVIZO DE DESENVOLVEMENTO DE NOVAS FUNCIONALIDADES, IMPLANTACIÓN E SOPORTE, NOS ELEMENTOS QUE COMPOÑEN GALICIANA ? LOTE 1 (EXPEDIENTE AMT-2017-0016_L1)

  • Obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, implantación e soporte, nos elementos que compoñen GALICIANA:
    • Lote 1: Sistema de xestión de arquivos dixitais (digiarch); sistema de xestión da biblioteca dixital de Galicia (digibib); sistema de recolección e difusión (digihub)
  • Importe de adxudicación: 201.576,32 € (IVE Incluído).

8. SERVIZO DE Desenvolvemento do portal do Museo Castro de Viladonga (EXPEDIENTE AMAP-2016-CM-093)

  • Obxecto: desenvolvemento do espazo web do Museo Castro de Viladonga
  • Importe de adxudicación: 12.093,95 € (IVE Incluído).