OPERACIÓN FEDER 2.3.1.1 – Infraestruturas de telecomunicacións. Fase I 205-2014000005
Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e telecomunicacións Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas. Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saúde. Obxectivos previstos: Dotación de cableado estruturado para a Rede Corporativa da Xunta de Galicia co obxecto de mellorar o rendemento, dispoñibilidade e cobertura das aplicacións/servizos de administración electrónica e servizos públicos que fan uso das TIC; e desenvolvemento dunha ferramenta para a xestión do cableado nos edificios da Xunta de Galicia co obxectivo de facilitar o control destas infraestruturas para permitir-garantir mantelas cun rendemento e calidade axeitados. Contratos adxudicados: 1. Subministración de bens de forma sucesiva e por prezo unitario de cableados estruturados para rede corporativa da Xunta de Galicia.
2. Desenvolvemento dunha aplicación para a Xestión das Infraestruturas de cableado da rede corporativa da Xunta de Galicia
|