OPERACIÓN FEDER 1.2.1.8 – Actuacións para a incorporación do TIC nos sectores produtivos de Galicia – GaiásTech - 205-2021000002Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Sociedade Dixital Cofinanciaciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Obxectivo temático: 1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Obxectivo específico: 1.2.1. Impulso e promoción de actividades de l+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora. Obxectivos previstos: Co foco posto no impulso da transformación dixital de Galicia, o centro GaiásTech contribuirá á identificación de tendencias dixitais e ideas innovadoras, facilitando o fluxo de información e a conexión de axentes para promover a xeración, desenvolvemento e adopción de solucións tecnolóxicas capaces de dar resposta aos novos desafíos empresariais e sociais. Localizado na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), GaiásTech ofrecerá un conxunto coherente e coordinado de servizos necesarios para axudar aos distintos axentes do ecosistema de innovación dixital, e especialmente ás pemes e start-ups, a ser máis competitivos. Así mesmo, o Centro constituirase como elemento de soporte á configuración do ecosistema GobTech Galicia co obxectivo de posibilitar que start-ups e pemes proporcionen produtos e servizos tecnolóxicos ás administracións, a través da resolución de retos utilizando tecnoloxías avanzadas como a Intelixencia Artificial, sendo partícipes de importantes procesos de transformación dixital impulsados polo sector público á vez que se fomenta o liderado de de o sector público na adopción de tecnoloxías dixitais innovadoras. Contrato adxudicado 1. Servizo de impulso e desenvolvemento do Centro GaiásTech, (EXPEDIENTE AMT-2019-0049)
Para cumprir con este obxecto, esta contratación divídese en tres lotes: Lote 1: Planificación estratéxica, coordinación e xestión do Centro GaiásTech. Lote 2: Deseño e mantemento da plataforma de xestión do Centro GaiásTech. Lote 3: Deseño da proposta da infraestrutura tecnolóxica do Centro GaiásTech, así como a súa subministración, instalación e posta en funcionamento.
|