Fondos Europeos

Formulario de busca

FEDER OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 – Confianza Dixital. Protección Avanzada 205-2014000018

Formulario de busca

  Operación FEDER OPERACIÓN FEDER 2.3.1.2 – Confianza Dixital. Protección Avanzada 205-2014000018

 

Xestiona: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) - Área de Infraestruturas e telecomunicacións

Cofinanciamento: Esta operación está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Obxectivo temático: Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación así coma o acceso as mesmas.

Obxectivo específico: Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-salud.

Obxectivos previstos:  A operación proposta ten por obxecto a implantación dunha plataforma de malware avanzado, o establecemento dun servizo de xestión da seguridade corporativa co que se asegurará o cumprimento normativo no ámbito da seguridade da información para os servizos da administración electrónica e dos servizos públicos dixitais; así como a definición e implantación dun cadro de mando de seguridade que permita mellorar a xestión da seguridade, contando con indicadores axeitados que permitan facer un seguimento da efectividade das melloras de seguridade que se fagan nos diferentes proxectos desenvolvidos pola organización nesta ámbito.

Contratos adxudicados

1. Servizo de xestión da seguridade corporativa dos sistemas de información da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Expediente: 2017/PA/0003

  • Obxecto do contrato: É obxecto desta contratación o servizo de xestión da seguridade na plataforma tecnolóxica relativa a infraestruturas e aplicacións corporativas da Xunta de Galicia xestionadas pola Amtega.
  • Importe de adxudicación: 604.850,00 €euros