Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Xornada ColaboraTIC.gal

A xornada colaboraTIC.gal é un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial.

Descrición:

O vindeiro 16 de xuño de 2017 terá lugar, na Cidade da Cultura de Galicia, a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

En concreto, trátase de experiencias onde o software libre forma parte dunha iniciativa, proxecto, empresa do eido rural. Así mesmo, mediante a "Sesión conecta" tratarase de coñecer como traballan empresas/axentes do eido rural e como o software libre pode aportar solucións e melloras nas mesmas. É decir, hai moitas explotacións, asociacións, etc. que non utilizan o software libre, xeralmente por descoñecemento, e con esta sesión trátase de que descubran as tecnoloxías abertas a través de “conexións en directo”.

Horario: De 9:30 a 15:30 horas

Programa:

  • 9:30-9:45: Acreditación e benvida
  • 9:45-11:30: O AGRO LIBRE PASA POLAS TECNOLOXÍAS ABERTAS
  • 11:30-11:45: Presentación institucional
  • 11:30-12:00: Pausa café
  • 12:00-14:00: Sesión conecta
  • 14:00-15:30: Xantar networking

Pode incribirse ao evento e consultar máis información premendo aquí (http://colaboratic.gal/)