Xestión práctica dunha empresa de distribución alimentaria con Odoo
O CDTICgal organiza unha sesión práctica de Odoo destinado a empresas de distribución alimentaria
A Coruña | 26/05/16
Descrición: O contorno actual, cada vez máis competitivo e variable, oblíganos a adoptar solucións cada vez máis avanzadas e dotar os clientes das mellores ferramentas para situarnos un paso por diante da competencia. Odoo e o desenvolvemento baixo licenzas de código aberto permítennos afrontar esta realidade con custos realmente baixos, poñendo ao alcance das pemes recursos que doutra maneira só estarían a disposición de grandes corporacións.
Data de celebración: 26 de maio de 2016
Lugar de celebración: Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (Rúa Terranova de Eirís, nº 7, A Coruña)
Horario: de 16:00 a 19:00
Máis información: CDTICgal