Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

Esta xornada pretende profundar na nova realidade tecnolóxica e analizar as súas implicacións prácticas e xurídicas para a actividade diaria dos nosos órganos xudiciais, forzas e corpos de seguridade, peritos e demais profesionais e xuristas.

Descrición:

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, en colaboración coa Amtega, organiza A VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, que reunirá a un panel de relatores expertos do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática, a maxistratura e as forzas de seguridade do Estado, que darán unha visión integral da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei. Esta complexa realidade abre numerosas esixencias no eido do dereito, de xeito que os profesionais da xustiza están obrigados a coñecer, interpretar e aplicar estas tecnoloxías para dar unha resposta acorde aos crecentes requirimentos.

A xornada ten os seguintes obxectivos:

  • Formar ao noso poder xudicial e aos xuristas en xeral ao fin de, non só coñecer a lexislación, senón tamén a nova realidade tecnolóxica
  • Informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso
  • Dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica á vez que incrementar a efectividade e a eficiencia da nosa administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses

Data: 4 de outubro de 2017

Lugar: Cidade da Cultura da Cultura de Galicia

Horario: De 9:00 a 18:45 horas

Programa:

  • 9:00 - Recepción e Entrega do Material
  • 9:30 - Presentación VII Xornada Xudicial
  • 10:00 - O xuíz robot: a intelixencia artificial na interpretación e aplicación da lei
  • 10:50 - Privacidade e dereitos fundamentais na sociedade da información
  • 11:40 - Descanso Café
  • 12:10 - Ciberseguridade e peritaxe informática
  • 13:00 - Mesa Redonda I
  • 14:00 - Xantar
  • 16:00 - A e-xustiza mito ou realidade?
  • 16:50 - Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital
  • 17:40 - Mesa Redonda II
  • 18:45 - Clausura

Para inscribirse e consultar máis información sobre o evento, prema aquí (http://xornadaxudicial.cpetig.org/)