Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Vende en internet con Prestashop

O CDTIC organiza un curso sobre Prestashop en Coruña.

Data: 30 de Novembro de 2016, de 16:15h a 19:15h

Localidade: A Coruña

Lugar de celebraciónAula CeMIT do Centro Cívico de Eirís, Rúa Terranova de Eirís n.º 7 A Coruña

Público obxectivo: Responsables de tendas físicas e tradicionais, profesionais e pemes que desexan dar o salto á venda en liña con garantías

Descrición
Prestashop é unha solución de código aberto amplamente implementada en todo o mundo, cunha gran comunidade de desenvolvedores profesionais e freelance e moita información abertamente dispoñible na rede, en todos os idiomas. A diferenza dos desenvolvementos personalizados, Prestashop ofrece métodos e ferramentas moi coñecidos por multitude de empresas, que poden iniciar ou retomar un desenvolvemento ecommerce en calquera momento.

É un script realizado en PHP, a linguaxe de programación estrela en internet para aplicacións dinámicas. Ademais, é robusto, escalable, facilmente adaptable a necesidades concretas e, sobre todo, moi fácil de usar para o profesional sen coñecementos técnicos que decide dar o salto ao ecommerce.

Adicionalmente, é un proxecto sostido por un grupo de desenvolvedores altamente motivado e profesional, que se ocupa no só do desenvolvemento técnico da solución ecommerce, senón tamén da xestión e o crecemento da comunidade ao redor do produto, con trainings profesionais, meetups en todo o mundo e formación certificada para partners.

A sesión compleméntase coa presentación do novo servizo de Prestashop no CDTIC Virtual que permite probar moi facilmente a aplicación xa instalada na nube. 

Máis información: Centro Demostrador TIC (CDTIC)