Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Vacínate contra os coronabulos. Xullo - outubro 2022

As aulas da Rede CeMIT acollen xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Amtega que, baixo o título “Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques”, están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.

Calendario de actividades

Aulas participantes Datas e horarios
Boiro 19 de xullo de 10.30 a 12:00 horas
Brión 21 de xullo de 10.00 a 11.30 horas
Abegondo 13 de setembro de 10:30 a 12:00 horas
Leiro 20 de setembro de 16.00 a 17:30 horas
Fisterra 21 de setembro de 16.30 a 18:00 horas
Ponteareas 27 de setembro de 16:00 a 17.30 horas
Cuntis 28 de setembro de 16.00 a 17:30 horas
Oroso 30 de setembro de 11:00 a 12:30 horas
Riotorto 19 de outubro de 16:00 a 17:30 horas
Ribadeo 20 de outubro de 11.00 a 12.30 horas
 

 

Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, realizaranse de xeito presencial durante os meses de xullo, setembro e outubro nas aulas de BoiroBriónAbegondoLeiroFisterraPonteareasCuntisOroso,  Riotorto e Ribadeo. Todas elas teñen unha hora e media de duración en horarios de mañá ou de tarde.