Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aprende a creala con ferramentas libres

O CDTIC organiza un seminario onde se darán a coñecer as ferramentas que existen en software libre para o mundo do deseño gráfico e da edición

Santiago | 10/12/15

Descrición: Neste seminario daranse a coñecer as ferramentas que existen en software libre para o mundo do deseño gráfico e da edición. Coñecerase o estado da arte: o que se pode facer, o que custa e o que (aínda) non; así como as fortalezas e limitacións e consellos prácticos á hora de enviar á imprenta. Os usuarios que así o desexen poderán traer os seus propios equipos coas últimas versións de Inkscape, Scribus e GIMP. Desta forma, poderán seguir practicando na casa unha vez rematada a sesión.

Tipo de actividade: Obradoiros / Seminarios de formación

Data: 10 Decembro 2015 

Horario: De 16:00h a 19:00h

Duración: 3 horas

Temática: Software libre

Sede: Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo. Santiago de Compostela.

URL: Máis información

Organismo promotor: Xunta de Galicia