Seguridade en Linux. Securización de servizos.

Martes 10 de Novembro de 2015

Seguridade en Linux. Securización de servizos.

Santiago | 10/11/15

Descrición: Este seminario pretende explicar e trasladar aos/ás asistentes a securización dos servizos máis habituais dunha contorna Linux

Data de celebración: 10/11/2015

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia 

Horario: de 16:30 a 20:30h

Duración: 4 horas

Tipoloxía: Linux

Nivel: avanzado

Contidos:

•Breve resumo de GPG, OpenVPN, FTP, Apache e Nginx
•Configuración básica de firewall e NAT con iptables
•Restrición de navegación con Proxe (autenticado e transparente)
•Detección de intrusións locais (aide, chkrootkit, LMD, rkhunter …)
•Restrición de acceso e hardening de credenciais con PAM (cracklib, filelist, time, access, limits)
•Introdución ao LDAP e autenticación centralizada en Linux

 

Organismo promotor: Xunta de Galicia
Martes 10 de Novembro de 2015