Segunda Edición dos Premios Clúster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia convoca a segunda edición destes premios, cuxo principal obxectivo é estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información.

Hai seis categorías diferentes: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups, Software Libre e Marketing Dixital.
Poden presentar a súa candidatura todas aquelas empresas que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Para presentarse os interesados deben cubrir o formulario dispoñible na web do Clúster TIC Galicia.
O prazo de inscrición remata o 20 de novembro ás 23:59 horas.