Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Protocolos de redundancia de primeiro salto e STP como ferramentas de tolerancia a fallos

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vai organizar un seminario técnico sobre protocolos de redundancia de primeiro salto e STP como ferramentas de tolerancia a fallos.

Santiago | 28/01/16

Descrición: o seminario presentará aos asistentes os protocolos de redundancia de primeiro salto e a súa importancia en redes con requirimentos de alta dispoñibilidade. Tras revisar o concepto de protocolo STP como mecanismo de tolerancia a fallos en redes conmutadas analizárense as súas eivas á hora de permitir aos usuarios finais manter a conectividade co resto da rede no caso de perda dun dos puntos de saída da rede.

Data de celebración: 28/01/2016

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), Conxo (Santiago de Compostela)

Horario: de 10:00 a 14:00 horas

Duración: 4 horas

Máis información: CNTG