Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Presentación Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030. Cara a unha Galicia Intelixente

Lugar: En liña dende a Cidade da Cultura
Data: 11 xuño 2021
Tipoloxía: Intelixencia Artificial
Horario: 10:00-13:05
Número total de horas: 3
Inscricións: https://zoom.us/webinar/register/WN_pCGiyUkrQDiOWzp23QjQaQ

A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 (EGIA) ten o obxectivo de converter a Galicia nunha rexión intelixente que contribúa á soberania dixital da Unión Europea. A estratexia despregará en Galicia unha intelixencia artificial de vangarda, ética, segura e centrada nas persoas. Coordenada pola Amtega, mobilizará máis de 330 millóns de euros públicos da Xunta de Galicia no periodo 2021-2030, xerará un impacto na creción de riqueza duns 472 millóns de euros nese periodo. O documento articúlase en torno a 4 eixos prioritarios e 15 medidas con actuacións concretas. Para acadar os obxectivos a Estratexia:

  • impulsará a adopción da intelixencia artificial dende o sector público dende a colaboración público privada;
  • promoverá a economía do dato adaptrada ao marco legal;
  • integrará a Galciia no espazo europeo de datos no camiño da soberanía dixital da UE fronte a outos competidores;
  • fomentará a incorporación das pemes galegas á era das tecnoloxías intelixentes;
  • lanzará un proxecto conxunto e coordenado para o desenvolvemento das habilidades dixitais avanzadas necesarias en todos os ámbitos e a fomación de capital humano cualificado en intelixencia artificial, e
  • investirá de maneira eficiente recursos públicos e privados en beneficio da sociedade galega.

Descargue o documento da estratexia na seguinte ligazón:

 
Desargue o programa da xornada na seguinte ligazón: