Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Presentación dos Programas de Axudas a PEMES de Red.es: Asesores TIC e Oficinas de Transformación Dixital

Para impulsar a transformación dixital nas empresas, Red.es publicou as bases das convocatorias de Asesores Dixitais e das Oficinas de Transformación Dixital.

Descrición:

Para impulsar a transformación dixital nas empresas, Red.es publicou as bases das convocatorias de “Asesores Dixitais” e das “Oficinas de Transformación Dixital”. Cada un destes programas está dotado cun orzamento de 5 millóns de euros e está destinado á dixitalización das pequenas e medianas empresas a cargo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cofinanciado polo Programa Operativo de Crecemento Intelixente.

Lugar: Santiago de Compostela

Horario: 16:30 a 18:00 horas

Programa:

  • Contexto rexional: iniciativas para pemes. Eladio Otero García, xefe de servizo de Innovación Tecnolóxica en Amtega, Xunta de Galicia
  • Iniciativas en Red.es para a transformación dixital das pemes. Pablo Osuna García, Dirección de Economía Dixital en Red.es
  • Presentación do programa “Oficinas de Transformación Dixital"
  • Presentación do Programa “Asesores Dixitais”
  • Accións de difusión
  • Rolda de preguntas por parte dos invitados/asistentes

Para consultar máis información e inscribirse á actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/presentacion-red-es)