Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

#PemeSegura.gal: Xornada de ciberseguridade

No ano 2017 o virus WannaCry abriulle os ollos ao mundo: os ciberataques non entenden de tamaño e calquera empresa de calquera sector está exposta ás ciberameazas.
A seguridade 100% non existe, pero coñecer a que nos enfrontamos, que medidas de seguridade implantar, como xestionalas adecuadamente, xunto con plans de formación para o persoal e a colaboración con especialistas en tecnoloxía axudan a mitigar as ameazas ás que están expostas as empresas.

Centro: Edificio CINC. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Data: 21 de novembro de 2018
Tipoloxía: Xornada temática
Dirixido a: Xerentes e responsables de empresa e de seguridade e, en xeral, profesionais con interese en abordar o impacto da ciberseguridade na competitividade das organizacións
Horario: 09:15-14:00
Número total de horas: 4.75h

Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí  https://cdtic.xunta.gal/pemesegura-ciberseguridade