Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

O impacto do Regulamento Xeral de Protección de Datos sobre a actividade dos Concellos e as Administracións Públicas

A través desta xornada sobre o novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (RXPD) preténdese dar a coñecer dun xeito práctico, obxectivo e participativo as novidades que comportará a entrada en aplicación deste novo Regulamento para os concellos, deputacións e administracións públicas así como concienciar da necesidade de adaptarse progresivamente ás novidades introducidas antes do 25 de maio de 2018, momento no que será de obrigado cumprimento.

 

Organiza: FEGAMP. AMTEGA. CPEIG
Centro: Edificio CERSIA, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela
Data: 23 Marzo 2018
Tipoloxía: xornada técnica/divulgativa
Destinatarios: principalmente Concellos e AA.PP (aberto a outros entes e organizacións)
Horario: 9:15-14:30 horas
 

Relatores:

  • DOÑA CONCEPCIÓN CAMPOS ACUÑA. Doutora en Dereito. Secretaria administración local e Codirectora Red Localis.
  • D. MARCOS ALMEIDA CERREDA. Profesor de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela
  • D. GUSTAVO HERVA IGLESIAS. Xefe do departamento de Seguridade en AMTEGA.
  • D. DANIEL NEIRA BARRAL. Avogado. Doutor en Dereito. Director Master Protección e Tratamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela

 

Colaboradores:

  • Balidea e outros

 

Programa:

  • 9.30h. Recepción asistentes.
  • 9.45h. Presentación.
  • 10.00h. Singularidades do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos. D. Daniel Neira.
  • 10.45h. Responsables, Encargados e DPOs. D. Marcos Almeida Cerreda.
  • 11.30h. Pausa-café
  • 12.00h. Seguridade da información e protección de datos persoais na Xunta de Galicia. D. Gustavo Herva Iglesias
  • 12.45h. Impacto do Regulamento Xeral de Protección de Datos nas Administracións Locais. Doña Concepción Campos Acuña.
  • 13.30h. Mesa redonda.
  • 14.15h. Peche-clausura.