Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal.

O encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Está organizado polo nodo galego de ciberseguridade Ciber.gal e será un evento integrador que aglutinará entidades de referencia no campo da seguridade da información, como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), as principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da comunidade e axentes clave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
Contará con actividades como paneis de debate, sesións informativas, obradoiros e concursos de ciberseguridade destinados ao tecido empresarial, á cidadanía e á Administración pública.
O evento desenvolverase presencialmente, aínda que existirá a posibilidade de seguilo en streaming.

Lugar: Cidade da Cultura. Santiago de Compostela
Data inicio: 10 novembro 2021
Data fin: 11 novembro 2021
DestinatariosAdministracións públicas locais, autonómicas e nacionais. Empresas, profesionais e emprendedores do sector da ciberseguridade. Persoal de entidades académicas e de investigación. Cidadanía: familias, estudantes, cidadáns interesados en coñecer máis de preto o sector
 
Para máis información e inscribirse ao evento prema aquí