#MesD: Marketing dixital: Marketing en redes sociais

Martes 06 de Marzo de 2018

#MesD: Marketing dixital: Marketing en redes sociais

Descrición:

Esta xornada, destinada a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector, té como principal obxectivo mostrar ás persoas asistentes o cambio producido por internet na comunicación en xeral e na comunicación profesional en particular, así como nos diferentes usos das ferramentas máis destacadas a nivel profesional.

Lugar: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)

Horario: De 16:00 a 18:00 horas

Programa:


    Introdución: xa nada é como antes. Os cambios que internet produciu no mercado e a clientela
    Internet e as redes sociais: unha oportunidade para pequenas empresas e profesionais
    Uso das redes sociais e outras ferramentas de marketing en liña para o meu negocio
    Facebook, Twitter, blogs, LinkedIn, Instagram etc.
    Exemplos e casos de éxito no uso de internet a nivel profesional

 

Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/mesd-marketing-dixital-2)

Martes 06 de Marzo de 2018