#MesD: Marketing dixital: Marketing de buscadores. SEO e SEM

Martes 13 de Marzo de 2018

#MesD: Marketing dixital: Marketing de buscadores. SEO e SEM

Descrición: Esta sesión formativa, dirixida a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector, ten como finalidade aportar un coñecemento profundo e unha ampla visión do funcionamento do marketing nos buscadores a través do SEO e o SEM. Ao finalizar a sesión, os asistentes coñecerán o que é, como funciona, cales son as ferramentas e como conseguir os obxectivos dunha estratexia en liña no posicionamento dunha empresa.

Lugar: Aula CeMIT de Vigo (Rúa Oporto nº 1)

Horario: De 16:00 a 18:00 horas

Programa:

    Por que debo coñecer o funcionamento do marketing en buscadores.
    SEO: posicionamento en buscadores. Axudemos a que a túa empresa teña un bo aspecto nos resultados de busca.
    Estratexia SEO: como posiciono a miña empresa. Obxectivos, tarefas e resultados.
    SEM: o marketing de pago en buscadores. Vantaxes (e inconvenientes) da publicidade en liña.
    Estratexia SEM: como realizar as miñas campañas en liña. Ferramentas, tarefas e medición de resultados.
    Exemplos e casos de éxito de pemes locais

 

Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/mesd-marketing-dixital-1)

Martes 13 de Marzo de 2018