Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) vai organizar un evento sobre como crear a túa Marca persoal e identidade dixital

Santiago | 25/02/16

Descrición: a contorna dixital debuxa un escenario para a actividade económica caracterizado polo valor diferencial do coñecemento, do talento, que non é outra cousa que o coñecemento en acción. Neste escenario dixital e global as persoas precisan amosar o seu saber facer para o seu desenvolvemento profesional. As organizacións necesitan resultar atractivas para atraer e reter o talento que marca diferenzas estratéxicas e competitivas.

Data de celebración: 25/02/2016

Lugar: Centro Demostrador TIC. CNTG, Rúa Airas Nunes, s/n Conxo (Santiago de Compostela)

Horario: 17:00-20:00

Duración: 3 horas

Programa:

• Marca persoal e identidade dixital

• O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo
electrónico

• Ferramentas para o posicionamento profesional na rede

• O Employer Branding como estratexia competitiva: o papel da
diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade
económica

Máis información: CDTIC