Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

LibreCon 2015

AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia organizan a quinta edición da LibreCon que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de outubro co apoio institucional da Xunta de Galicia.

Santiago | 29/10/15

Santiago converterase unha vez máis, no centro dos negocios, o emprego e as tecnoloxías abertas a escala internacional, en cita obrigada para a industria tecnolóxica, coa presenza de directivos de todos os niveis, responsables técnicos, traballadores do sector e axentes públicos e privados tractores de innovación, coñecemento, emprego e negocio que queiran coñecer o último en solucións baseadas en tecnoloxías libres.

Cunha audiencia esperada de 1.500 profesionais e 600 empresas, LibreCon 2015 xirará arredor da electrónica de consumo e o sector da automoción -sistemas de entretemento, automóbil conectado-, Internet Of Things e a nova educación, ademais de reservar un espazo para o eCommerce.

Organismo promotor: AGASOL, ASOLIF, CLUSTER TIC GALICIA, Xunta de Galicia