Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa
Neste seminario farase unha introdución sobre a liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa.
Descrición:
Neste seminario farase unha introdución sobre a liberación de proxectos como software libre, facendo fincapé nas vantaxes que isto pode reportar e novos modelos de negocio asociados ao software libre que poden resultar de interese para unha empresa. Finalmente, realizarase tamén unha pequena introdución sobre que ferramentas se adoitan empregar para a xestión dun proxecto unha vez liberado.
O curso celebrarase en Santiago de Compostela o 30 de maio e está orientado a empresas que queren liberar o seu software baixo unha licenza libre ou explorar novos modelos de negocio baseados no software libre.
Horario: De 10:00 a 13:30 horas.
Programa:
- Por que liberar o software
- Modelos de negocio de software libre
- Como liberar un proxecto paso a paso
- Como xestionar un proxecto liberado
Para obter máis información prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/liberacion-software)