Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Guía técnica e proxecto tipo de infraestruturas de fogar dixital (IFD)

Sesión para informar aos concellos e promotores sobre as obrigas normativas que deben cumprir neste ámbito e presentar ademais o Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital elaborado pola AETG que permitirá facilitar o cumprimento das mesmas.

Descrición:

Presencial na aula CDTIC ou por Videoconferencia a través das aulas CeMIT participantes: Abegondo, Boiro, A Coruña (Eiris), Padrón, Pontedeume, Vimianzo, Burela, Foz, Ribadeo, Sarria, Bande, Verín, Pontevedra, O Porriño e Valga https://cemit.xunta.gal/centros
 
Porque no ano 2016 a Xunta de Galicia aprobou o Decreto que establece novas obrigas para a construción de vivendas no referente ao Fogar Dixital. É preciso por tanto informar aos concellos e promotores sobre as obrigas normativas que deben cumprir neste ámbito e presentar ademais o Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital elaborado pola AETG que permitirá facilitar o cumprimento das mesmas. 

Horario: De 10:00 a 12:00 horas

Lugar: Santiago de Compostela

Programa:

  • Que é o Fogar Dixital
  • Decreto 127/2016 de Fogar Dixital de Galicia
  • Proxecto Tipo de Infraestruturas Básicas de Fogar Dixital

Para obter máis información e inscribirse na actividade, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/fogar-dixital)