Eventos

Formulario de busca

Fondos

EventosEventos

Formulario de busca

cierra cierra

FLISoL 2020 A Coruña

O FLISoL é o evento de difusión de Software Libre máis grande en Latinoamérica e está dirixido a todo tipo de público: estudantes, académicos, empresarios, traballadores, funcionarios públicos, entusiastas e mesmo persoas que non posúen moito coñecemento informático. A entrada é gratuíta e o seu principal obxectivo é promover o uso do software libre, dando a coñecer ao público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento.

Lugar: En Liña
Data: 26 de setembro 2020
Relatorios:
  • De Markdown á nube
  • Explorando Pandoc
  • Presentacións con LaTeX e ferramentas web
  • Android: O manexo da terminal e a instalación dunha distro de Linux sen necesidade de root.
  • COVID-19. Elaboración de informes con QGIS.
  • O meu robot aspirador chama a China!
  • O meu móbil me espía? A difícil tarefa de escapar do capitalismo da vixilancia
  • Platformio, unha contorna libre de programación de microcontroladores
  • Soberanía dixital para a defensa dunha cidadanía global: o caso de Enxeñería Sen Fronteiras
 
Para consultar máis información e inscribirse ao evento, pulse aquí