Evento de networking tecnolóxico DataBeersGLZ

Xoves 29 de Xuño de 2017

Evento de networking tecnolóxico DataBeersGLZ

Descrición:

O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) celebra o próximo 29 de xuño o DataBeersGLZ, un evento de networking que se desenvolve en diferentes cidades do mundo e que chega ao Gaiás deste centro, que a empresa DXC Technology ten en Santiago de Compostela, no marco do Pacto Dixital da Xunta de Galicia.

O obxectivo de DataBeersGLZ é aumentar a alfabetización no mundo dos datos dunha forma accesible e amable, Os eventos DataBeers teñen ademais un elemento secundario, a cervexa, que actúa como nexo facilitador da interacción entre todos os asistentes. O público xoga un papel importante, xa que pode participar e compartir impresións durante as charlas, creándose unha comunidade activa en torno ao mundo dos datos.

O evento, totalmente gratuíto, celebrarase na Sala Eisenman da Cidade da Cultura a partir das 19:30.

Horario: A partir das 19:30 horas

Programa:

  • Andrés García-Rodeja, Director do Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio:
    “¿Hai algún Data Scientist na sala?”
  • Celia López, Responsable de produto en proxectos de Intelixencia de Negocio e Fernando Blanco, Inxeñeiero en Informática encargado do desenvolvemento front-end e visualización avanzada de información:
    “O Shu, o Ha y o Ri”
  • David Losada, Profesor Titular de Universidade da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e Investigador Senior asociado ao CiTIUS:
    “Minería de Textos para a Detección Temperá de Riscos: o Caso da Depresión”
  • Elías Castro González, xefe de proxectos Business Intelligence na área de Analytics para Sanidade:
    “Datos que salvan vidas. O medicamento do futuro”

Para obter entradas para o evento, prema aquí (https://databeersglz.tumblr.com/)

Para consultar máis información sobre o evento prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/o-centro-de-excelencia-en-intelixencia-de-n...)

Xoves 29 de Xuño de 2017