Día Internacional das Rapazas nas TIC
O 27 de abril de 2017 terá lugar o Día Internacional das rapazas nas TIC, unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Descrición:
O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
Por iso, o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) organiza pola mañá un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con catro destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. As catro participantes son: Carmen Cotelo Queijo, Nieves R. Brisaboa, Alba Alonso e María Jesús Taboada.
Do mesmo xeito, pola tarde celebrará unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas e rapaces de entre 10 a 14 anos. En concreto, haberá os seguintes obradoiros:
- Programación básica con Scratch e LEGO
- Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers)
- Creación de arte píxel-dixital
- Demostracións prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
- Visitas guiadas ao corazón do Superordenador Finis Terrae 2
Horario do coloquio: De 11:00 a 12:30 horas.
Horario dos obradoiros: De 17:00 a 19:00 horas.
Inscrición: Formulario de inscrición
Máis información en: https://cemit.xunta.gal/node/6878