Administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPIC 2).

Luns 30 de Xaneiro de 2017

Administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPIC 2).

Descrición

O programa de formación LPI do Linux Professional Institute está especialmente deseñado para proporcionar as habilidades necesarias para administrar calquera das distribucións do sistema operativo Linux e as súas ferramentas asociadas. O curso preparará ao asistentes nos currículos e contidos correspondentes aos dous exames LPI (Linux Professional Institute) que conforman a certificación LPIC-2 (certificación profesional avanzada de Linux, tamén coñecida como Linux Network Professional): exames 117-201, LPIC-2 Advanced Linux Part 1, e 117-202, LPIC-2 Advanced Linux Part 2. A acreditación LPIC2 permite ao profesional que a posúe demostrar que dispón das habilidades e competencias requiridas para administrar un site pequeno ou mediano; planificar, manter e securizar unha rede mista MS/Linux; un servidor de rede Samba, unha pasarela de Internet (firewall, proxy, correo ...); servidores de Internet (servidores web, FTP) etc ... Aínda que o obxectivo desta acción formativa consiste en que os alumnos adquiran as competencias necesarias para o desempeño dun posto de traballo, como valor engadido da formación o curso inclúe a realización do exame de certificación 117-201, exame que poderá levar a cabo de balde ao asumir, por unha única vez, os custos da súa realización o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Previsiblemente esta proba terá lugar no mes de abril de 2017 nas instalacións do CNTG. Para unha maior información relacionada cos requisitos necesarios para superar os distintos niveis de certificación LPI consulte a páxina web desta organización, http://www.lpi.org IMPORTANTE: todos os cursos do CNTG inclúen a realización, a maiores do número de horas propias de cada curso, dunha serie de módulos transversais de obrigada impartición e asistencia e dos que estarán exentos os alumnos e alumnas que xa teñan realizado cada módulo concreto e o xustifiquen documentalmente. Para máis información consulte a información publicada na sección "novas destacadas" do portal web do centro, https://cntg.xunta.gal

Obxectivos

O presente curso oficial Linux LPI traslada aos asistentes os coñecementos necesarios para seren capaces de configurar un servidor Linux conectado á rede, interna ou Internet, e que preste á súa empresa os servizos esenciais relativos a correo electrónico, servizos web, redes privadas virtuais VPN, SSH, DNS, servidores de arquivos samba ou NFS con LVM e/ou RAID, etc.

Duración: 80 horas

Programa: 2016-2017

Metodoloxía: Presencial

Lugar: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, Rúa Airas Nunes, s/n - Conxo, 15702 - Santiago de Compostela, A Coruña

Máis información: https://cntg.xunta.es/gestioncntg/edicion/fichaCurso.seam?edicionId=5961...

 

Luns 30 de Xaneiro de 2017