xoves, Setembro 29, 2022
A Intelixencia Artificial no día a día
A formación está destinada a persoas maiores de 55 anos que poderán coñecer as aplicacións prácticas da IA e a súa capacidade para mellorar o día a día
Lugar e data: As xornadas terán lugar nas aulas CeMIT de Vigo e A Coruña de forma presencial, o 20 e o 23 de setembro e en streaming o día 29 desde o GaiásTech
Destinatarios: Destinadas a persoas maiores de 55 anos
Obxectivo: Analizar as nocións e características básicas da Intelixencia artificial, o seu impacto no día a día das persoas e visibilizar as súas vantaxes a través de casos de uso a un público que non ten coñecementos específicos na materia.
Inscricións
Os interesados en participar nestas actividades poden inscribirse a través dos seguinte enlaces:
- para o 20 de setembro en Vigo Intelixencia Artificial : Curso Básico de introdución ás tecnoloxías intelixentes para maiores de 55 anos | CeMIT (xunta.gal)
- Para o 23 de setembro A Coruña – Centro Cívico de Eiris, 23 septiembre, Curso básico de introducción ás tecnoloxías intelixentes para maiores de 55 anos | CeMIT (xunta.gal)
- E no GaiásTech o 29 setembro Inscrición en "Curso básico de introdución ás tecnoloxías intelixentes para maiores de 55 anos" (google.com)