Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

A función de comunicación estratéxica e dixital na empresa. Que contar e como contalo? Edición II

Os asistentes poderán descubrir, entre outras cuestións, o novo paradigma da comunicación e o enfoque da comunicación e o marketing dixital, así como coñecer as tendencias actuais

Descrición:

Os asistentes poderán descubrir o novo paradigma da comunicación e o enfoque da comunicación e o marketing dixital; coñecer as tendencias actuais; aprender a atopar o valor e definir unha mensaxe diferenciadora para a empresa; desenvolver unha visión estratéxica da comunicación baseada no valor; entender, desde unha visión global, cal é o modelo comunicacional da empresa; desenvolver a metodoloxía para a planificación da comunicación empresarial; e valorar a importancia do ámbito dixital. 

Lugar: Vigo

Horario: De 10:00 a 14:00 horas

Programa:

  • 10.00 Como é a comunicación do s. XXI? Novos novos modelos de negocio, consumidor dixital...  O cambio no paradigma comunicacional
  • 10.30 A visión estratéxica e global da comunicación. Como identificar unha mensaxe de valor?
  • 11.15 O modelo de comunicación. Planificación integral da comunicación dunha empresa:
    • Dirección de comunicación: comunicación financeira, lobby, comunicación de crise e RSC
    • Comunicación corporativa
    • Comunicación interna
    • Comunicación externa: marketing, publicidade, internet
    • Relacións públicas e gabinete de medios
  • 12.30 Pausa
  • 12.50 Tendencias da comunicación estratéxica e dixital 
  • 13.15 Caso práctico: definición do plan de comunicación e plan de marketing dixital
  • 14.00 Peche da sesión

Para consultar máis información e inscribirse ao evento, prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/comunicacion-estratexica-II)