Estímulo ao Crecemento do Sector TICImpulsar a innovación tecnolóxica, competitividade e xeración de emprego no ecosistema dixital para contribuír a posicionar ao sector tecnolóxico coma un dos sectores de referencia de Galicia é outro dos obxectivos que establece a Axenda Dixital de Galicia 2020.
Así mesmo, impulsaranse actuacións tanto para impulsar as vocacións tecnolóxicas entre os máis mozos como para reforzar a adecuación da capacitación dos profesionais TIC á continua evolución tecnolóxica, co fin de asegurar que Galicia conta cos mellores profesionais para satisfacer as necesidades actuais e futuras do mercado tecnolóxico. |