![]() |
Consultas Preliminares do Mercado para a extensión da Teleasistencia Avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario |
Para o desenvolvemento da iniciativa Fogar Dixital Sociosanitario da Xunta de Galicia, en particular da posta en funcionamento da Teleasistencia avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario resulta de interese dirixir consultas aos operadores económicos coa finalidade de preparar correctamente a licitación e informar aos citados operadores económicos acerca dos seus plans e dos requisitos que esixirán para concorrer ao procedemento. O obxecto desta convocatoria é promover a participación de calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada para a identificación de propostas, solucións e servizos dixitais no fogar relacionados coa extensión da Teleasistencia Avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario. Actualmente estase a desenvolver un modelo de Fogar Dixital Sociosanitario en Galicia. O modelo tecnolóxico está baseado na existencia dunha plataforma integral de fogar dixital da Xunta de Galicia a través da que se prestarán os servizos dixitais de atención no fogar proporcionados pola Xunta de Galicia, tantos de carácter social como sanitario. Entre ditos servizos, podemos destacar os seguintes tipos:
O seu desenvolvemento e extensión supón os seguintes retos:
Os detalles desta convocatoria atópanse detallados na Resolución de 17 de novembro de 2017 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se aproba a convocatoria de Consultas Preliminares do Mercado para a extensión da Teleasistencia Avanzada baixo o modelo de Fogar Dixital Sociosanitario O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación. A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos. Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica,interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas. A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia. Se ten calquera dúbida ou consulta, pode contactar a través do seguinte enderezo electrónico
|