Info rápida

Formulario de búsqueda

Fondos

Info RápidaInfo Rápida

Formulario de búsqueda

cierra cierra

Chave365 xa pode solicitarse en centros de saúde do Sergas

Desde o martes 11 de outubro é posible solicitar a alta no servizo de identificación e sinatura fácil Chave365 en nove centros de saúde do Servizo Galego de Saúde, aos que se engadirán progresivamente o resto de centros e hospitais públicos.

Os primeiros centros de saúde nos que se poderá solicitar a alta en Chave365 son os seguintes:

  • Centro de Saúde San José (A Coruña)
  • Centro de Saúde Fontenla Marystany (Ferrol)
  • Centro de Saúde Concepción Arenal (Santiago de Compostela)
  • Centro de Saúde de Ordes
  • Centro de Saúde de Ribeira
  • Centro de Saúde Rosalía de Castro-Beiramar (Vigo)
  • Centro de Saúde da Virxe da Peregrina (Pontevedra)
  • Centro de Saúde de Bueu
  • Centro de Saúde de Soutelo de Montes

Actualmente o sistema pode usarse en máis de 1.000 procedementos da sede electrónica da Xunta de Galicia e na plataforma é-Saúde.

Os centros do Sergas súmanse ás outras 32 oficinas da Administración autonómica nas que xa era posible solicitar Chave365. Deste xeito, a partir de agora existen 41 puntos distribuídos por toda Galicia habilitados como centros acreditadores do servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico. En http://www.xunta.gal/chave365/solicitude pode localizar as oficinas no mapa. Ademais, a alta pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para a súa utilización en é-Saúde e independentemente da canle utilizada para a alta no servizo Chave365 (sede electrónica, rexistros da Xunta de Galicia ou centros de saúde), será necesario acudir a calquera dos centros de saúde e hospitais habilitados do Servizo Galego de Saúde.