Énfase na Vida DixitalNesta liña a Axenda Dixital de Galicia 2020 busca dar resposta aos desafíos encamiñados a aproveitar o potencial das TIC para converter a Galicia nun lugar de progreso social avanzado e onde as persoas poidan levar unha vida autónoma e participar activamente na sociedade.
Finalmente, o último desafío desta liña ten por obxectivo acadar a autonomía dixital da cidadanía, para o que se desenvolverán actuacións encamiñadas a evitar a denominada “segunda fenda dixital” relacionada coas “habilidades dixitais” necesarias para obter todos os beneficios de acceso á Rede. Así, redefinirase a estratexia de inclusión dixital para dar cabida non só á alfabetización senón tamén á madurez dixital, posibilitando que calquera persoa acceda a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC. |