Despregamento de redes de telefonía móbil
A Xunta de Galicia concedeu en decembro de 2021 unha subvención ao operador Vodafone España SA. destinada a despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen de servizo.
A axuda concedida acada unha inversión pública de 3,7 millóns de euros no período 2022-2023 xerando un investimento total de 4,37 millóns de euros.
Dotarase de cobertura móbil a máis de 7.000 habitantes en 290 poboacións de 65 concellos, nas que na actualidade non existe cobertura móbil.
A continuación pódese consultar o listado de poboacións beneficiadas:
Listado de entidades beneficiadas móbil
Listado de entidades beneficiadas móbil
Esta actuación contará ademais co apoio do operador público Retegal que construirá ata 100 emprazamentos de soporte para o equipamento de telefonía móbil que porá a disposición de tódolos operadores, permitindo non só a mellora da cobertura de telefonía móbil no ámbito desta medida, senón tamén o soporte a novas redes que permitan mellorar na dixitalización do rural.