Máis de 430 persoas participaron no ciclo formativo sobre ciberseguridade para a cidadanía

Friday 29 de December de 2023

Máis de 430 persoas participaron no ciclo formativo sobre ciberseguridade para a cidadanía

Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” leváronse a cabo un total de 38 sesións formativas entre marzo e decembro
Estas xornadas realizáronse de xeito presencial en 20 aulas da Rede CeMIT das catro provincias galegas e no centro GaiásTech da Cidade da Cultura

Máis de 430 persoas participaron no ciclo formativo sobre ciberseguridade para a cidadanía entre os meses de marzo e decembro deste ano.

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pechou unha nova edición desta actividade para concienciar á cidadanía, e especialmente ás persoas maiores, sobre os posibles riscos da contorna virtual e as medidas para poder previlos.

 

Durante estes nove meses e baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade”, leváronse a cabo 38 sesións formativas en 20 concellos de toda Galicia de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura. No 2024 está previsto dar continuidade a esta programación.

 

O obxectivo desta actividade é favorecer unha contorna dixital segura e afrontar de forma colaborativa os novos retos da cidadanía no seu día a día  no marco do reforzo das medidas de concienciación en materia de seguridade dixital e en liña coa Estratexia Galega de Ciberseguridade. 

 

A Rede CeMIT

A Rede Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega, que conta coa colaboración de 90 concellos. Ten entre os seus obxectivos o de promover o uso da tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación e amosar as vantaxes da sociedade dixital.