![]() |
Queremos coñecer a túa opiniónParticipa! |
Déixanos a túa opinión no foro aberto de cada un dos desafíos concretos que te propoñemos: Cales son as xestións ou necesidades que che gustaría resolver online?
Axúdanos a coñecer os principais beneficios que esperas dos servizos públicos dixitais (administración, sanidade, ...) e como poden mellorarse para que dean unha mellor resposta ás túas necesidades e resulten máis fáciles de empregar.
Como facer a todos os galegos partícipes da nova sociedade dixital?
Indícanos a continuación as túas propostas para converter aos galegos en usuarios avanzados das TIC e preparar as xeracións futuras para os novos empregos dixitais.
Como fomentar a confianza dixital para que as vantaxes das tecnoloxías dixitais cheguen ao conxunto da sociedade?
A ciberseguridade é unha responsabilidade compartida nos fogares, escolas e por suposto tanto no sector empresarial como na Administración. Achéganos a túa visión sobre como potenciar a seguridade e a confianza no ámbito dixital para que todos os galegos fagan un uso cada vez máis sofisticado das TIC. |