Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015 - 2018Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015 - 2018

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015-2018


No período 2015-2018 mobilizou un investimento de máis de 900 millóns de euros, entre capital público e privado 

A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizou no período 2015-2018 máis de 900 millóns de euros, 260 deles de capital privado, para impulsar a transformación dixital da Comunidade. Así se recolle no balance publicado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que se recollen as principais actuacións desta estratexia.

Catro anos de Axenda Dixital 2020
Desenvolvéronse actuacións para mellorar a conectividade do tecido e os despregamentos para a extensión de redes en núcleos de menos de 300 habitantes. En 2018 aprobouse o Plan Galicia 5G que permitirá a realización de 9 pilotos con esta tecnoloxía na Comunidade, aos que se sumarán outros 9 grazas a unha convocatoria estatal

En canto ao proceso de dixitalización da Administración, as xestións online a través da sede electrónica da Xunta incrementáronse un 90% en 2018 e a tramitación telemática supera a presencial. 

No ámbito o ensino integramente dixital en Galicia beneficia a 18.000 alumnos. Ao mesmo tempo promovéronse os coñecementos STEM iniciándose o STEMbach de xeito experimental en 14 centros no curso 2018/19. Ademais, no marco do Plan de Inclusión Dixital impulsáronse novas iniciativas coa a colaboración de máis de 820 Aliad@s Dixitais, conseguindo achegar a tecnoloxía a máis de 81.800 galegos a través da Rede de Aulas públicas CeMIT

Con respecto aos sectores estratéxicos da economía galega, afondouse no desenvolvemento de iniciativas tecnolóxicas para posicionar Galicia como destino turístico intelixente, e avanzouse na dixitalización e difusión do patrimonio cultural ao abeiro da Memoria Dixital de Galicia.  Por outra banda, apostouse pola transformación dixital do sector primario co Programa Primare, que ten en marcha tres proxectos de CPTi para automatizar as inspeccións no marco das axudas da PAC e, no sector do mar, abordouse a dixitalización de tres lonxas.

En canto ao sector TIC no 2018, púxose en marcha o plan DICO Mindset para impulsar os contidos dixitais en Galicia, destacando o lanzamento do proceso de consultas ao mercado para incorporar novos servizos interactivos na oferta da CRTVG e a 1ª convocatoria da aceleradora de contidos dixitais StartupsR_Dico Challenge, en colaboración co operador R.

Este curso activouse o catálogo de actuacións do Plan DigiTalent para achegar as tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzar o atractivo vocacional das profesións dixitais, con talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado, campamentos tecnolóxicos ou accións informativas e orientativas.

Elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030
A Axenda Dixital de Galicia 2020 está a conformar un marco sólido para articular un modelo de crecemento vinculado á economía dixital e que agora debe ser completado por unha estratexia para reaccionar de xeito áxil e sostible ante os grandes cambios que abisma a transformación dixital.

Neste contexto, vén de lanzarse o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 da que serán participes a cidadanía, as empresas e as administracións, co obxectivo de contribuír ao aumento da calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: económica, social e medioambiental.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do balance.